HOXE de 10:30 a 20:30 terá lugar a "III Mostra de Seguridade Viaria. Culleredo 2008". O programa de actos a desenvolver é o seguinte:
Programa
IES Cruceiro Baleares: 10:45 a 12:30, no Salón de actos.
Actividades:
10:45: Presentación do acto polas Concelleiras de Educación e Concelleira de seguridade.
11:00 Representación da obra de Teatro: "Os Ramirez Van de Vacacións" (Grease). Compañía de teatro "El Ruiseñor", de Culleredo.
12;00: Entrega de Premios do III Concurso de Carteis de Educación Viaria ao alumnado de 6º de primaria.
12:30:Clausura da Campaña municipal de educación viaria escolar.
Instalacións da Fundación Deporte Galego en Acea de Ama de 16:30 a 20:30:
Actividades:
Exposicións no Exterior:
Parque infantil de tráfico da Dirección Xeral de Tráfico, Parque infantil de tráfico de San Martín-Stop-accidentes, Vehículos de época, Bicicletas de descenso, Cuadriciclos, Limusina, Unidade de motos policiais Harley - Davidson, Vehículos do parque de Bombeiros, Ambulancia do 061, Ambulancia Cruz Vermella,Helicóptero da D.X.T., Helicóptero do 112, Protección Civil Culleredo, Unidade equina de Proteccion civil de Cambre, Firma de autógrafos de Eva Castro de Specialized.
Exposiciónsns no interior da sala de exposicións:
Exposición de traballos de centros escolares , Simuladores de conducción de coche e moto, Sala de vídeos infantís da D.X.T., e Exhibición de Wii Fit.
20:30: Sorteo de agasallos entre o público asistente.
Antecedentes:
O Concello de Culleredo leva 17 anos traballando xuntamente cos centros escolares do municipio no apoio á consecución de obxectivos de educación viaria que permitan aos cidadáns responsabilizarse na prevención de accidentes.
Debido a repercusión que un comportamento inapropiado nas vías públicas, pode ter para un mesmo e para o resto da cidadanía, veuse a necesidade de achegar este programa a outros colectivos importantes que estaban a sufrir as desagradables consecuencias da siniestrabilidade viaria: o colectivo de persoas maiores, os/as adolescentes e os/as menores de 6 anos que desgraciadamente, engrosan moitas das estatísticas de feridos ou mortos que sistematicamente mostran diversos organismos oficiais.
Desde o curso 1999-2000, estes programas das Concellarías de Educación e de Seguridade Cidadá exclusivamente dirixidos a escolares, empezaron a impartirse en outros colectivos cullerdenses poñéndose en marcha a denominada : 1ª Campaña de educación viaria escolar que, sen interrupcións, vai xa pola súa 9ª edición.
9ª Campaña de educación viaria escolar 2007-08
A 9ª Campaña de educación viaria escolar 2007-08 iniciouse no mes de setembro coa presentación da mesma en todos os centros municipais aos que vai dirixida, e a posta en marcha comezou no mes de xaneiro con diversas clases impartidas por 6 axentes especializados en educación viaria da Concellaría de Seguridade .
Impartíronse diversos obradoiros dirixidos aos cativos e cativas de 5 anos nos meses de Xaneiro e febreiro e todo o alumnado de 6º de primaria participou nas clases teóricas e prácticas desenvolvidas no parque infantil de tráfico que a DXT ten montado en Acea de Ama.
• O alumnado de 3º e 4º de secundaria, 1º e 2º de bacharelato asistiu como público á obra de teatro " Pasoulle a Marcos", coa que puideron ver os efectos que un accidente de tráfico pode provocar da man dunha vítima real de accidente.
• O colectivo de 3º, 4º 5º e 6º dos colexios participaron nunha obra de teatro da Dirección xeral de tráfico titulada: " Un sueño fantástico", que recollía na súa trama as conductas axeitadas que un neno ou nena debe ter con respecto á seguridade nas vías.
Participantes na Campaña de Educación Viaria 2008:
1) CRA de Culleredo ( E.I.). Todo o alumnado.
2) CEIP Isaac Diaz Pardo. E.I ( 5 anos). 3º.4º.5º e 6º de primaria
3) CEIP Ria do Burgo. . E.I. ( 5 anos). 3º.4º.5º e e 6º de primaria
4) CEIP Sofia Casanova. . E.I. ( 5 anos) e 3º.4.5º e 6º de primaria
5) CEP Tarrio. . E.I. ( 5 anos) e 3º.4º.5º e 6º de primaria
6) Colexio " A Ponte Pasaxe". . E.I. ( 5 anos) e 3º.4º.5º e 6º de primaria
7) Colexio "Rias Altas". 3º.4º.5º e 6º de primaria
8) Centro Ocupacional Municipal " A Escada".
9) IES Cruceiro Baleares: 1º e 2º de bacharelato.
10) CPR Montespiño: 1º e 2º de bacharelato.
11) IES Blanco Amor: 3º e 4º de ESO.
Nº De Participantes:
Centros escolares: 3000 alumnos e alumnas de entre 5 e 20 anos.
Centro Ocupacional municipal A Escada:15.
Programa de Educación Viaria Escolar 2008
Impartido por 6 axentes especializados en educación viaria da Policía local de Culleredo.
Coordinado por unha técnica do Departamento municipal de educación.
Obxectivo Xeral:
Pretendemos:
Concienciar ao maior número posible de persoas da necesidade de responsabilizarse individual e colectivamente na prevención de accidentes nas vías públicas.
Obxectivos Específicos:
Segundo o colectivo co que traballamos, a metodoloxía e os obxectivos varían para axustalos as diferentes realidades:
En Educación Infantil, pretendemos fomentar no neno/a , coa colaboración directa do profesorado e a familia, actitudes de conciencia cidadá e hábitos axeitados como peón e usuario de medios de transporte.
En Educación Primaria queremos que coñezan os distintos tipos de vìas do entorno, os sinais e os perigos que afectan aos usuarios/as das vías públicas como peóns, que aprendan conductas e normas sobre o uso correcto do transporte público e privado e que adquiran responsabilidades como usuarios das vías públicas na súa faceta como conductores de bicicletas.
En Educación Secundaria, e partindo das necesidades reais destas idades, sensibilizamos acerca da obriga de utilizar os dispositivos de seguridade xa sexa como pasaxeiros ou como conductores de vehículos a motor de dúas rodas.
Como clausura de esta Campaña, realizarase esta III Mostra de educación viaria coa intención de abarcar a toda a poboación e así acadar un dos obxectivos de dita campaña: a concienciación do maior número posible de persoas da necesidade de responsabilizarse individual e colectivamente na prevención de accidentes nas vías públicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario