16 ene 2008

Fala con QUINTANA

De: Anxo Quintana (anxo@falaconquin.com)
Enviado: lunes, 14 de enero de 2008 16:11:22
Para: joserocasanchez@hotmail.com

Hola Jose, grazas polo teu email e perdoa a tardanza en respostarche. É unha mágoa que tiveras que ter collido a mala cara Barcelona, ogallá se parara o trasvase de mozos e mozas de Galiza moi ben formados que collen e marcha por non ter oportunidades en Galiza. Sodes moi valiosos para a terra aínda que entendo que as circunstancias obrigan. Espero que con moito traballo de anos se logre rematar con esa sangría de xuventude emigrante.

O tema do Congreso. Tiven moitos emails co tema de que nos vendemos por un prato de lentellas. É curioso, cando iso mesmo o facían cataláns e vascos, chovían as comparaznas, incluidos nos medios de comunicacións, de por que non seremos como eles que logran cousas a cambio do seu poder de influencia. E resulta que cando estamos nunha tesitura similar, que conseguimos cousas para Galiza nalgúns foros nos atopamos co desprezo e a infravaloración. É unha pura contradición. O tema das infraestruturas catalanas compételle a Cataluña e ao Estado resolvelo, non é algo que afecte a Galiza que ten os seus problemas e dos que debe defenderse soa. O BNG traballa por Galiza, defende os seus intereses e mira que é mellora para a terra. Conseguimos un obxectivo demostrado: desatascar o tema das transferencias pendentes, tal e como se viu nas miñas viaxes continuas a Madrid neste Nadal onde asinei varios acordos e cartos, por certo.

A cuestión das infraestruturas en A Coruña, cidade que efectivamente, igual que Vigo, precisan dun servizo de cercanías, Efectivamente é competencia do Goberno pero nós, desde o Goberno da Xunta, podemos impulsar un Convenio con Renfe. O BNG leva anos demandando no Congreso a creación dunha rede de cercanías ao Ministeiro de Fomento, hai pequenas cousas pero isto precisa dun acordo de fondo entre ambas administracións. O tema é vital porque repercute no benestar da xente. O tema ferroviario convencional precisa dunha seria revitalización porque o coche non á a solución como se pretende desde a Administración central, temos moita autovía pero tamén moito coche nas estradas. É un repto para despois do 9 de marzo. Saúdos

No hay comentarios: