27 ago 2008

Nota de Prensa de O Noso Burgo : Demagogia y Oportunismo

Fijaros¡¡ Dan Pena¡¡

NOTA DE PRENSA:

A Asociación de veciños O Noso Burgo, con enderezo social na rúa Costa da Lonxa nº 18 baixo, con respecto ao accidente acontecido en Madrid-Barajas expón o seguinte:

* Dar o pésame máis sentido aos familiares dos falecidos no accidente aereo de Barajas.
* Grande preocupación entre a poboación residente por saber que este aparello defectuoso que causou tanta morte e dor, viaxaba a cotío entre Barajas e Alvedro.
* Esta asociación pedirá unha entrevista con carácter de urxéncia coa primeira Tenente de Alcalde de Culleredo (Raquel Jabares), para saber que fai o Concello de Culleredo para esixir medidas de seguridade para os usuarios do aeroporto e a poboación residente do entorno, ademais de preguntar como van os trámites para a declaración de Aeroporto Urbán de Alvedro.

Hai que subliñar que se esta avaria de motor se houbera acontecido o luns pasado cando saiu de Alvedro o aparello caeria (segundo os técnicos) entre a rúa picaso e a praza de Galicia, co estoupido do carburante arrasaría as rúas Hersa, Sanjurjo de Carricarte, Avenida de ribados, a praza de Europa e a praza de Galicia, e a zona da Cros, os mortos contaríanse por milleiros (cómpre lembrar que o Burgo e unha das poboacións con máis habitantes por metro cadrado de Galicia).

O Noso Burgo, reclamará con toda a contundencia a declaración de aeroporto urbán para o Aeroporto de Alvedro, dado que se a día de hoxe gozara Alvedro deste estatus politico-social este tipò de aparellos ten prohíbido operar nos aeroportos desta categoría.

No hay comentarios: